DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO (TEA)

Ola familias!
Hoxe 2 de abril celebrase o día internacional da concienciación do autismo (TEA), co seguinte lema: "podo aprender, podo traballar"



Paréceme un día moi interesante para falarlle aos nosos nenos e nenas destes rapaces e rapazas que teñen unhas características diferentes. 


Sei que non é doado explicalo, xa que para nos as veces tamén é difícil comprendelo. Para axudarvos un pouco deixovos uns vídeos que podedes ver para entender un pouco máis que é o que sinten as persoas con TEA e como podemos axudalas.


Para os máis pequenos:


- Capitulo de Caillou.


Por cuatro esquinitas de nada


- El cazo de Lorenzo


Para os primeiros cursos de primaria:


Capitulo de Caillou.


- O viaxe de María


Un viaje interestelar a través del autismo


Para os últimos cursos de primaria:


O viaxe de María


- Un viaje interestelar a través del autismo


- Academia de especialistas


Propóñovos que despois de visualizar os vídeos faledes do tema, sen prexuízos e tentando resolver as dúbidas que poidan xurdir nos nosos nenos e nenas. Deixovos o enlace da páxina oficial do día do autismo, onde se recolle moita información.


A continuación podemos realizar unha actividade co símbolo do TEA, que é un lazo feito de puzles. Isto débese a que o puzle reflexa a complexidade deste trastorno e, as cores as diversas personas que interveñen con eles: familia, colexio, profesionais...




Podedes pintar este corazón cas cores do lazo, ou realizalo vos mesmos con material que teñades na casa, ou que deixedes voar a vosa imaxinación.
Ou tamén podedes realizar esta outra actividade:


Se vos animades enviade fotos dos vosos debuxos ou molinillos para que poidamos velos todos.

Calquera dúbida podedes empregar os comentarios e responderei o antes posible. 


Un saúdo, Profe Laura ☺️




Comentarios