Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2020

ENTRETEMENTO

Imaxe
Ola familias! Neste apartado deixareivos algunha opción para manter entretidos aos nenos e nenas e que se faga un pouco máis ameno o ter que estar na casa. - O xoves 2 de abril as 17 horas directo de Paco Nogueiras no seu Facebook  celebración do día do libro infantil e xuvenil, con moitas cancións. - O salón do libro de Pontevedra propón diversas actividades . -  " Contos en pixama ". Tódolos días un contacontos colga un novo conto para entretreternos nestes días. - Máis contos da man de Kalandraka . -  Concerto punk infantil. - Máis e máis contos . - Diferentes recursos didácticos interactivos. - JueduLand : moitos xogos para seguir aprendendo. - Canle con moitas manualidades para realizar. - 70 ideas para xogar cos nenos dentro da casa. - Programación de CLAN TV e La 2 TVE con vídeos para repasar as materias curriculares. - Decorar os balcóns ou fiestras con arcoíris e a mensaxe de que todo sairá ben. Deixovos un modelo de Mr wonder

EXPRESIÓN ESCRITA

Imaxe
Ola familias! A expresión escrita é unha faceta moi importante para as nosas vidas, empregámola dende que traballamos ata cando enviamos unha mensaxe de texto. Por iso é importante non deixala no olvido e fomentala cos máis pequenos. Deixovos alguna forma de facelo de forma amena: -  Contar historias, a través de imaxes, de debuxos (feitos por eles), ou outra proposta a través de dados, teñen que lanzamos e escribir unha historia cas imaxes que lle tocan. Tedes dados online  aquí . - Escribir unha carta a un compañeiro, amigo.. que botemos de menos, explicando como nos sentimos nestes momentos. É importante tratar os nosos sentimentos neste momentos e saber porlle nome e como facer fronte a eles. - Facer un diario das actividades que realizamos cada día. - Inventar un xogo novo e escribir as normas e procedemento, para que cando isto acabe poder xogar cos nosos compañeiros. - Escribir unha receta e realizala coa axuda dos nosos pais. Calquera dúbida podedes empregar os c

COMPRENSIÓN LECTORA

Imaxe
Ola familias! A lectura é moi importante para a adquisición do resto dos contidos que se traballan no cole, polo que é algo que non debemos deixar de facer. Aos pequenos podemos leerlles ou que lle lean, déixovos a canle de YouTube dun contacontos que sube a diario un conto novo para disfrutar durante estes días. " Contos en pixama ". Os máis maiores é importante que lean tódolos días un pouquiño. Aquí deixovos algunha lectura sobre valores que me parecen interesantes e sencillas de ler. Despois de lelas podedes falar en familia e facer unha reflexión sobre o lido. Se que redes a podedes deixar en comentarios. Pero tamén é importante realizar unha comprensión do que lemos, polo que vos deixo algunha actividade para traballar iso. https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas : tendes debaixo de cada lectura unha icono para acceder as preguntas sobre o conto. https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengu

TRABALLANDO O VOCABULARIO

Imaxe
Ola familias! Unha das moitas cousas que facemos na aula de audición e linguaxe é adquirir novos conceptos e afianzar os que xa temos adquiridos. Normalmente traballamos a través de outros materiais, pero deixovos algunha alternativa interesante: -  Busca o intruso -  Veo veo -  Trabalenguas - Completar ca palabra adecuada - Contar historias, a través de imaxes, de debuxos (feitos por eles), ou outra proposta a través de dados, teñen que lanzamos e contar unha historia cas imaxes que lle tocan. Tedes dados online aquí . - O xogo do   aforcado . - #soyvisual: aplicación para tablet ou móvil totalmente gratuita. Calquera dúbida podedes empregar os comentarios e responderei o antes posible.  Un saúdo, Profe Laura   ☺️

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Imaxe
Ola familias! No desenrolo da linguaxe dos nosos nenos é moi importante unha boa estimulación da linguaxe, deixovos unhas pautas que son interesantes para traballar este área: Aproveito para dicir que neste enlace  tendes diferentes orientacións para traballar outro tipo de aspectos que poden ser de importancia. A partir de estas pautas, propóñovos a realización de algún xogo como: - O veo-veo. - Se a nena ou neno xa ten un manexo adecuado das letras propoño as palabras encadeadas. - Xogar as mímicas, representando películas, contos... que viramos ou leramos nestes días. - O Tabú, dentro das posibilidades de cada neno ou nena. - O quen é quen, se non o temos podemos improvisar e debuxar aos persoaxes.  Tamén podemos realizar algunha actividade a través do ordenador ou tablet como: http://siembraestrellas.blogspot.com/2018/10/trabajamos-memoria-auditiva.html #soyvisual: aplicación para tablet ou móvil totalmente gratuita. Calquera dúbida podedes empregar os comenta

PRONUNCIANDO O S E O Z

Imaxe
Ola familias, deixovos aquí unha serie de actividades que podedes traballar cos vosos fillos se teñen dificultade na pronunciación do S ou Z. Estas son as boquiñas do S e do Z/C (tendes todas as boquiñas aquí  http://siembraestrellas.blogspot.com/search?q=articulemas )                           BOQUIÑA DO S BOQUIÑA DO Z/C                                                                Tendo estas boquiñas intentaremos que os vosos fillos logren colocar a boca tal e como se dispón para a articulación. Para practicar a pronunciación propóñovos polo de pronto as seguintes actividades, se tedes material co que imprimir e preparar as actividades xenial, senon animovos a que collades lápis, cores e papeis e realicedes o voso propio xogo co S e o Z. Calquera dúbida podedes empregar os comentarios e responderei o antes posible.  Un saúdo, Profe Laura  ☺️

PRONUNCIANDO O R

Imaxe
Ola familias, deixovos aquí unha serie de actividades que podedes traballar cos vosos fillos se teñen dificultade na pronunciación do R. Estas son as boquiñas do R (tendes todas as boquiñas aquí  http://siembraestrellas.blogspot.com/search?q=articulemas )                                                                                                    Boquiña do R suave                                                       Boquiña do R forte Tendo presente estas boquiñas poderemos realizar diferentes exercicios como: - Frente ao espello, colocámonos de frente e poñemos a punta da língua tocando por detrás dos dentes (ten que estar relaxada). - Repetimos secuencias con r simple: /tara-tare-tari.../, /tera-tere-teri.../ - Realizamos o son /zzzzzzz/  entre os dentes   e metemos a língua rápido para conseguir unha R forte.

PRESENTACIÓN

Imaxe
Ola familias: Debido a todas as medidas tomadas e o tempo que imos pasar sen poder acudir a clase, colgareivos neste blogue actividades para que poidan realizar os vosos fillos, tanto eles sós como en familia. Irei actualizando cada entrada aos poucos. Recordade que é importante que manteñamos unha rutina de traballo e de xogo. Deixovos unha opción para manter esa rutina: Moito ánimo nestes días e a coidarvos. Un saúdo, Profe Laura ☺️