PRONUNCIANDO O S E O Z
Ola familias,
deixovos aquí unha serie de actividades que podedes traballar cos vosos fillos se teñen dificultade na pronunciación do S ou Z.
Estas son as boquiñas do S e do Z/C (tendes todas as boquiñas aquí http://siembraestrellas.blogspot.com/search?q=articulemas)
Tendo estas boquiñas intentaremos que os vosos fillos logren colocar a boca tal e como se dispón para a articulación.
Para practicar a pronunciación propóñovos polo de pronto as seguintes actividades, se tedes material co que imprimir e preparar as actividades xenial, senon animovos a que collades lápis, cores e papeis e realicedes o voso propio xogo co S e o Z.
Calquera dúbida podedes empregar os comentarios e responderei o antes posible.
Un saúdo, Profe Laura ☺️
Sebas lo está practicando, gracias.
ResponderEliminar