PRONUNCIANDO O R
Ola familias,
deixovos aquí unha serie de actividades que podedes traballar cos vosos fillos se teñen dificultade na pronunciación do R.
Estas son as boquiñas do R (tendes todas as boquiñas aquí http://siembraestrellas.blogspot.com/search?q=articulemas)
Boquiña do R suave Boquiña do R forte
Tendo presente estas boquiñas poderemos realizar diferentes exercicios como:
- Frente ao espello, colocámonos de frente e poñemos a punta da língua tocando por detrás dos dentes (ten que estar relaxada).
- Repetimos secuencias con r simple: /tara-tare-tari.../, /tera-tere-teri.../
Deixovos unha serie de xogos que realicei eu por se tedes os recursos para poder imprimilo e realizalos, se non anímovos a coller folios, cores e tesoiras e deixar voar a imaginación para facer xogos similares, sempre con palabras con R, tanto inicial, media como final 😀.
R suave:
R forte:
Sinfóns: Br, Tr, Gr, Pr, Cr.
Calquera dúbida podedes empregar os comentarios e responderei o antes posible.
Un saúdo, Profe Laura ☺️
Comentarios
Publicar un comentario